O departamento de Matemáticas da Universidade da Coruña, a petición da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), organiza o XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións.

Nesta ocasión, o congreso celebrarase en Ferrol do 26 ao 28  de outubro de 2017. É a segunda ocasión en que a SGAPEIO celebra en Ferrol o seu congreso bienal, despois de que en 2001 tivese lugar nesta mesma cidade o V Congreso. Como en edicións anteriores, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións, ademais de actividades de carácter cultural coas que procuramos facer máis atractiva a participación. O obxectivo deste congreso é contribuir á divulgación dos avances na teoría, nas aplicacións e na didáctica da Estatística e da Investigación de Operacións.

O comité organizador invita a todos aqueles vinculados coa Estatística e a Investigación de Operacións a participar nestas xornadas, amosando as súas experiencias e resultados máis recentes.

 

 logos sgapeio ferrol