O comité organizador convida a todos os colectivos vinculados coa Estatística e a Investigación de Operacións a participar nestas xornadas, presentando as súas experiencias e resultados máis recentes.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, haberá sesións de comunicacións para dar a coñecer os avances e as aplicacións da Estatística e a Investigación de Operacións, dirixidas a profesionais da Estatística e a Investigación Operativa e aos colectivos que fan uso das devanditas disciplinas, docentes, economistas, enxeñeiros, persoal sanitario, biólogos, veterinarios, profesionais e investigadores que necesitan analizar datos no seu traballo, etc.

Os participantes poderán enviar os seus traballos, que se presentarán de forma oral ou en póster, nas correspondentes sesións establecidas no programa.

O envío dos traballos deberá tramitarse a través desta web do congreso respectando os formatos e os prazos indicados a continuación. Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión
.


Premios investigadores novos.

Tras o éxito de participación nas dúas edicións anteriores do premio para investigadores novos haberá unha terceira edición.

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións convoca premios ás mellores comunicacións presentadas neste XIII Congreso por investigadores novos en dúas categorías. Haberá un premio para a mellor comunicación teórica, e un premio para a mellor comunicación aplicada. Os candidatos a calquera destes premios deberán presentar a súa comunicación no congreso nunha sesión oral especial.

A cada unha das dúas comunicacións premiadas corresponderalle un premio en metálico de 500€. A notificación da concesión de ambos os dous premios así como a súa entrega, realizaranse durante o acto de clausura do congreso.

Pode consultar as bases aqui.

 

Datas importantes para o envío de traballos.

 

  • Ata o 30 de Xuño: último día para o envío dos traballos.
  • Ata o 30 de Xullo: data límite para a confirmación de aceptación ou rexeitamento.

 

Para o envio de traballos deberá rexistrarse primeiro nesta páxina web. Dentro da súa area privada atopará información máis detallada.

 

Documentos importantes para o envío de traballos.

A organización do XIII congreso da SGAPEIO vai publicar un libro cos resumos (abstracts) dos traballos aceptados para a súa presentación no congreso. Os traballos completos serán incluídos nas actas dixitais do congreso.

Os traballos poderán remitirse en galego, castelán, ou inglés indistintamente a través do formulario de envío da web do congreso. Deberanse axustar ao formato modelo de redacción creado para o evento (.tex ou .doc):

 

 text pdf

Modelo LaTeX (con exemplo de gráfica en pdf)

     
 word  Odt

Modelo Word - Modelo OpenDocument

 

O arquivo definitivo deberá subirse a web en formato .pdf e incluir como mínimo o resumo, palabras chave e bibliografía. A extensión máxima dos traballos será de 12 páxinas.

O Comité Científico actuará de xurado para a avaliación das comunicacións.

 

Formato das presentación tipo poster.

As comunicacións que desexen presentarse en formato póster disporán dun espazo máximo de 1189 x 841 mm (formato A0). A organización facilitará os materiais necesarios para a súa colocación.