Con motivo do XIII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións están programados dous cursos:

 

  •  Curso I: “Actualización en Estatística para profesorado de Secundaria no entorno da LOMCE.”
  •  Curso II: "R markdown".

 

Estes cursos pretenden ensinar as aplicacións da Estatística a diferentes colectivos: enxeñeiros, economistas, persoal sanitario, biólogos, veterinarios, docentes, profesionais e investigadores que necesitan analizar datos no seu traballo, etc.

 

Para proceder á inscripción nos cursos, deberá estar rexistrado nesta páxina. Dentro da súa area privada atopará información máis detallada.


 

Curso I “Actualización en Estatística para profesorado de Secundaria no entorno da LOMCE”

 

  • Coordinadores do Curso:

     Covadonga Rodríguez Moldes e Salvador Naya.

  • Obxectivo do curso:

A LOMCE (Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa), que acaba de implantarse (recordar que neste 2017 remata a implantación en toda o ensino non universitario), supón un gran cambio, tanto en horas como en contidos no referente o currículo da Estatística nesta importante etapa educativa, polo que é preciso, por unha parte facer unha reflexión na comunidade estatística do que está a acontecer neste colectivo e por outra propor medidas que axuden os docentes a actualizarse. Neste contexto está o obxectivo do curso que se presenta aproveitando a congreso bianual que a SGAPEIO ven facendo dende fai xa 25 anos.  Pensamos que dende a SGAPEIO debemos axudar a actualizar coñecementos e ferramentas que faciliten a labor diaria do docente, tanto no ámbito universitario como nas etapas anteriores. O curso terá unha duración de 10 horas (8 presenciais) e solicitarase a correspondente homologación a Consellería de Educación.

Ver o programa do curso

 

O curso terá un custo de 50€ para socios da SGAPEIO, de AGAPEMA ou de alumnos da UDC, e de 80€ para o resto. Será gratuíto para os inscritos no congreso. O número de prazas está limitado a 30 que serán cubertas pola propia orde de inscrición o mesmo. A data límite para inscribirse remata o 15 de Setembro. O curso desenrolarase o xoves 26 de Outubro de 16 a 21h e o sábado 28 de Outubro de 9 a 14h no Campus de Ferrol coincidindo co Congreso SGAPEIO 2017.


 

Curso II "R markdown"

 

  • Profesores:

- Rubén Fernández Casal, Grupo MODES, Universidade da Coruña.

- Manuel Oviedo de la Fuente, ITMATI

  • Obxetivo do curso:

Este curso amosa os conceptos e ferramentas para a realización e presentación de informes relacionados coa análise de datos, a partir dun único software (R) e permitindo a investigación reproducible.

  • Duración do curso:

4 horas

 

Próximamente estará dispoñible máis información.